27/5/14

Contacontos

Hoxe tivemos o pracer de escoitar un conto moi entretido e no que podemos participar coa "máquina de cadros"...Se pinchades na imaxe podedes ver as nosas fotos.


https://dl.dropboxusercontent.com/u/74253458/Contacontos%20Maio%202014/template.swf

15/5/14

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Ao longo de esta semana e con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, levaranse a cabo una serie de actividades no centro.

O luns os nenos e nenas de 1º realizaron una obra de teatro e os de 2º un baile. Pinchando na imaxe podedes ver algunhas fotos.
https://dl.dropboxusercontent.com/u/159174866/letras%20galegas/template.swf
 
O mércores a mestra de Educación Física e a mestra de psicomotricidade de Educación Infantil organizaron unha sesión de xogos populares para todo o alumnado. Pinchade na imaxe para ver fotos da actividade.
https://dl.dropboxusercontent.com/u/159174866/xogos%20populares/template.swf

30/4/14

CAMPIONATO DE BRILÉ

        Durante o mes de abril celebrouse no centro un capionato de brilé. Participaron alumnos/as de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de primaria, organizados en 6 equipos de 10 xogadores cada un.
        Hoxe día 30 de abril, xogouse a final. Aquí vos deixamos imaxes dese momento.
       Tamén queremos informarlle que ao longo do mes de maio celebraremos un campionato de fútbol-sala no que participará o alumnado que o desexe dos cursos de 2º a 6º de primaria.



9/4/14

LIPDUB



Aquí está o vídeo realizado dende o Equipo de Dinamización e Normalización  do centro...está xenial!Desexamos que vos guste!

30/3/14

O xoves, 13 de marzo, fomos ao cole de Cesuras para ver unha obra de teatro en inglés. O título era Tall Tales, e foi interpretada polo grupo de actores Cleverpants. Canto rimos!  Pinchade na foto para ver.


26/2/14

O xoves 13 de marzo @s alumn@s do 1º ciclo imos ao CEIP de Cesuras a ver teatro en inglés, interpretado polo fantástico grupo de actores Cleverpants. A obra é Tall Tales, xa está colgado o cartel na entrada do colexio. Se pinchades na foto poderedes ver o tráiler, aquí anticípannos a historia, que trata dunha nena, Rosie, que adora ver a tele e non lle gusta ler, pero un día atopa un libro máxico ...