13/11/12

OS ALIMENTOS

Os nenos e nenas de 2º fixemos un proxecto sobre "os alimentos".Neste blogue imos ensinarvos algúns dos nosos traballos.Esperamos q vos gusten.

5/11/12

Coa chegada do outono,  as árbores de folla caduca,comezaron a deixar caer follas...
 
 
 
 
 
 


Encarnadas, amarelas, redondas, alargadas...
Cantas cores ten o outono!!! 
 
 
 

 
 
 
 


 
Pensamos que algunhas desas follas debería vir parar ó noso colexio.
 E con elas, fixemos animais,
que inundaron o mural do outono de cor!!!

18/10/12

FACENDO PAN

O luns 15 de outubro veu Carmen,a nai de Pablo, a facernos unha demostración de como se elabora un bolo de pan.Pasámolo moi ben e aprendemos moito. Todos puidemos amasar,facer pequenos boliños de pan...e adornalo coa inicial do noso nome.











17/10/12

UN NOVO CURSO

¡COMEZAMOS UN NOVO CURSO!

Este curso realizaremos moitas actividades didácticas e moi divertidas que vos iremos amosando no blogue para que poidades participar da nosa ilusión e sabiduría.
Ademáis queremos darlle a benvida ao primeiro ciclo de Educación Primaria aos nenos e nenas de 1º que comezan unha nova andadura educativa.Agora XA SOMOS MAIORES! Xuntos intentaremos amosarvos moitas cousas que desexamos que vos gusten.

22/5/12

LENDO UN CONTO...

Agora tocounos aos nenos e nenas de 1º ir ás aulas de Educación Infantil a contar un conto.Foi moi emocionante ver como nos escoitaban e como lles gustou.Un aplauso máis que merecido para nós.

ESCOITANDO CONTOS...

Os alumnos de 4º curso viñeron ás aulas de primeiro ciclo a contarnos contos que inventaron,adaptando antigos contos clásicos...Estivemos moi atentos/as.Queremos que repitan noutra ocasión.


POESÍA



As nenas e nenos de 1º estudaron,aprenderon e recitaron para os compañeiros de 2º unha fermosa poesía. Fixéronno realmente ben.

25/4/12

CHINA

O martes 24 de abril os alumnos de 2º foron ás aulas de Educación Infantil a ver o proxecto que están desenvolvendo sobre a China.Están a realizar moitas actividades divertidas e as nenas e nenos de 4 anos llas amosaron. Unha desas actividades foi a degustación do té (o día anterior,unha nai dunha nena de infantil fixo unha demostración da súa preparación).

Moitas gracias polo té e as pastas.


PROXECTO OS ANIMAIS

Hoxe os nenos e nenas de 1º e 2º xuntáronse para levar a cabo un proxecto sobre "Os Animais" xunto coas súas titoras Chus e Carmen. Cantas cousas estamos aprendendo!

18/4/12

FACENDO GALLETAS

Fixemos un obradoiro coa receita dunha nai dun dos alumnos de 2º.Carmen foi a cociñeira/encargada e a nena e os nenos, os seus activos colaboradores. 


MÚSICO TRADICIONAL GALEGO

En decembro visitóunos un músico de Boimorto para ensinarnos os instrumentos tradicionais galegas e outros de elaboración propia e artesanal.Resultou unha sesión moi entretida e divertida. 

PAPÁ NOEL NA ESCOLA



Antes das vacacións de Nadal tivemos unha sorpresa no noso centro, veunos a ver Papá Noel e tróuxonos moitos caramelos para todos e todas.