28/5/13

Visita a Groenlandia...

Hoxe acudimos á clase de 5 anos a coñecer o proxecto que estiveron a realizar sobre os esquimais e o entorno que os rodea...un destes días devolverán a visita á nosa aula.




21/5/13

MÚSICAAAAA!

O luns,con motivo das Letras Galegas,acudiu ao centro Ernesto un músico tradicional para ensinarnos moitos instrumentos musicais...foi moi divertido e aprendemos moitas cousas.

20/5/13

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O venres pasado celebrouse en Galicia o Día das Letras Galegas,adicado este ano a Roberto Vidal Bolaño e durante toda a semana estivemos realizando diversas actividades: aprendimos a facer xabón,tivemos contacontos,fixemos un mural cos nosos traballos...

Xa sabedes...pinchade na imaxe para ver algunas fotos dos eventos!!!

7/5/13

TÍTERES "TRES GLOBOS"

Unha das actividades realizadas por mor do Día do Libro foi a representación de títeres na bibloteca do centro como xa dixemos en anteriores entradas...Aquí podedes ver as imaxes do evento!

Non vos olvidedes de premer na imaxe!

AS PLANTAS QUE NOS RODEAN

Un novo proxecto dos nenos e nenas de 2º..."As Plantas que nos Rodean".Experimentamos moitas novas experiencias relacionadas co mundo das plantas.
Pinchade na imaxe e poderedes velas...

5/5/13

Almorzos Saudables...

Como parece ser que non se vía moi ben a presentación de fotografías dos almorzos saudables...xa está cambiada! Podedes ver una nova presentación no mesmo enlace.Perdoade as molestios.Bicos a todos e todas!

DÍA DO LIBRO,23 de abril

O día 23 de abril foi o Día do Libro e con motivo de esta celebración ao longo da semana realizamos diferentes actividades: debuxamos portadas para os nosos contos preferidos,vimos una representación de títeres e asistimos a unha clase teórico-práctica dun ilustrador...Foi una semana moi interesante.

A continuación podemos ver o mural organizado polo Equipo de Dinamización Lingüística coas portadas gañadoras.


 

Pulsando na seguinte imaxe podedes ver o que fixemos co ilustrador...
 
 
Nos próximos días colgaremos as fotos dos títeres.