6/11/13

SAMAÍN

As semanas anteriores levamos a cabo no cole un concurso de cabazas que os nenos e nenas de Curtis confeccionaron na casa coas familias. Preciosas! Algunhas recibiron o seu merecido premio...Moitas gracias pola vosa colaboración.
Ademáis, as nosas mestras nos contaron un conto...uffff que medo!!!
 
https://dl.dropboxusercontent.com/u/74253458/Sama%C3%ADn%201%C2%BA%20ciclo%202013/template.swf
 
 

Tamén a tarde do luns foi moi divertida.Comimos moitas castañas! Ummmm que ricas estaban...
 
https://dl.dropboxusercontent.com/u/74253458/Magosto%202013%201%C2%BA%20ciclo/template.swf
 
Pinchade nas imaxes e poderedes ver as fotos dos nenos e nenas!
 

 
 
 

16/10/13

Almorzos saudables

Esta semana retomamos as "Xornadas de almorzos saudables" que vimos celebrando nos derradeiros cursos. Hoxe tocou o turno aos alumnos de primeiro ciclo e como sempre...Puxémonos as botas! Pinchade na imaxe para ver algunas fotos.

OUTONO

Xa estamos no outono e comezamos a facer as actividades propias da época...para comezar quedounos ben bonito o mural do centro.
Bo proveito no tren do CEIP de Curtis!!!


10/9/13

Benvida ao curso!!!

Mañá comezamos un novo curso con moitas ganas e ánimos renovados...xa temos moitas de ganas de vervos a todos.

23/6/13

Bo verán!!!

Para rematar o curso acudimos ao cine en Lugo.
Desexarvos a todos e a todas un bo verán para recargar forzas para o próximo curso!!! Un bico de parte de todas as mestras do 1º ciclo...Chus Novo,Chus Barral,Jessica,Tamara,Silvia,Marta,Begoña e Isa.





20/6/13

A clase de primeiro

Foi un curso intenso,con moitos cambios xa que cambiábamos de etapa educativa pero aprendimos moitísimo!!! Mirade,mirade cantas cousas fixemos... Pinchade na imaxe e veredes!

19/6/13

BLOG DA BIBLIOTECA

Xa hai novo blog no cole...o da biblioteca q está comezando una nova andadura.Pinchade na foto e accederedes ao mesmo.




CHILOTA

Fai uns días,Lorena de 2º trouxo ao cole una boneca moi fermosa.Nunca vimos una así.Trátase dunha "chilota",suave boneca de tela propia da zona sur de Chile.Moi fermosa verdade?

Mural das plantas

No proxecto sobre as plantas,quixemos facer partícipe ás familias.Moitas gracias polas vosas aportacións.

18/6/13

UN POBO COMA O NOSO E OUTRAS CASAS DO MUNDO

O derradeiro proxecto dos nenos e nenas de 2º foi longo e traballoso...aquí podedes ver o resultado do mesmo!
 




28/5/13

Visita a Groenlandia...

Hoxe acudimos á clase de 5 anos a coñecer o proxecto que estiveron a realizar sobre os esquimais e o entorno que os rodea...un destes días devolverán a visita á nosa aula.




21/5/13

MÚSICAAAAA!

O luns,con motivo das Letras Galegas,acudiu ao centro Ernesto un músico tradicional para ensinarnos moitos instrumentos musicais...foi moi divertido e aprendemos moitas cousas.

20/5/13

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O venres pasado celebrouse en Galicia o Día das Letras Galegas,adicado este ano a Roberto Vidal Bolaño e durante toda a semana estivemos realizando diversas actividades: aprendimos a facer xabón,tivemos contacontos,fixemos un mural cos nosos traballos...

Xa sabedes...pinchade na imaxe para ver algunas fotos dos eventos!!!

7/5/13

TÍTERES "TRES GLOBOS"

Unha das actividades realizadas por mor do Día do Libro foi a representación de títeres na bibloteca do centro como xa dixemos en anteriores entradas...Aquí podedes ver as imaxes do evento!

Non vos olvidedes de premer na imaxe!

AS PLANTAS QUE NOS RODEAN

Un novo proxecto dos nenos e nenas de 2º..."As Plantas que nos Rodean".Experimentamos moitas novas experiencias relacionadas co mundo das plantas.
Pinchade na imaxe e poderedes velas...

5/5/13

Almorzos Saudables...

Como parece ser que non se vía moi ben a presentación de fotografías dos almorzos saudables...xa está cambiada! Podedes ver una nova presentación no mesmo enlace.Perdoade as molestios.Bicos a todos e todas!

DÍA DO LIBRO,23 de abril

O día 23 de abril foi o Día do Libro e con motivo de esta celebración ao longo da semana realizamos diferentes actividades: debuxamos portadas para os nosos contos preferidos,vimos una representación de títeres e asistimos a unha clase teórico-práctica dun ilustrador...Foi una semana moi interesante.

A continuación podemos ver o mural organizado polo Equipo de Dinamización Lingüística coas portadas gañadoras.


 

Pulsando na seguinte imaxe podedes ver o que fixemos co ilustrador...
 
 
Nos próximos días colgaremos as fotos dos títeres.
 




10/4/13

ALMORZOS SAUDABLES

Como cada curso,hoxe fixemos o almorzo saudable no comedor do centro...Mmmmm.Que rico estaba todo!

COÑECEMOS GALICIA

Xa está exposto na entrada do comedor o libro cos traballos dos nenos e nenas de Curtis sobre parroquias galegas...levado a cabo a través do Equipo de Dinamización Lingüística do centro. Por suposto,foron varios os nenos e nenas de 1º ciclo que participaron.Se os queredes ver todos...Xa sabedes onde está!!!

4/4/13

TRABALLO EN GRUPO

As nenas e nenos de 1º tamén traballamos moito sobre o "corpo humano" e "os alimentos"...traballar en grupo é moi divertido!!! E ver expostos os nosos traballos na aula...encántanos!!! Pinchade no Arcimboldo e veredes alguna foto...

2/4/13

Día Mundial de Concienciación sobre o autismo

O día 2 de abril celébrase o "Día Mundial da Concienciación sobre o autismo".
"Os trastornos do espectro autista (TEA) son un conxunto de alteracións que afectan ao desenvolvemento infantil. Aparecen durante os primeiros anos de vida e se caracterizan porque oos nenos, en maior ou menor medida, non son capaces de relacionarse, comunicarse, xogar ou comportarse coma os demáis nenos da súa idade. A maneira en que se manifiesta varía moito dun neno a outro, no relativo ao tipo de alteracións como da súa gravedade.
As alteracións dos TEA producense porque existe un trastorno neurolóxico (nervioso) de base. A causa exacta non se coñece, pero sí que existe un compoñente xenético sobre o que poden actuar factores ambientais que precipitan a súa aparición. De calquera xeito, ten que quedar claro que o que lles ocorre aos nenos que presentan un TEA non é responsabilidade dos pais, non houbo maneira de previlo e, por supuesto, nada ten que ver coa crianza infantil".
Podedes atopar máis información premendo na seguinte imaxe que da acceso á páxina de Autismo España.
 
Hoxe nós quixemos contribuir co noso gran de área a esta importante reivindicación...colgamos globos azuis en sinal de apoio total a esta iniciativa.
Ademáis,as nenas e nenos de 2º traballaron un conto sobre este tema que podedes ver no seguinte enlace:



O CORPO HUMANO

 
Antes das vacacións os nenos e nenas de 2º rematamos o proxecto sobre "O Corpo Humano".Neste enlace imos ensinarvos as cousas que fixemos...ABRIDE BEN OS OLLOS!!!
 
 


26/3/13

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

 Desexamos que pasedes unas boas vacacións e que descansedes moito para regresar ás aulas con moitas ganas...E aproveitamos para darvos as GRACIAS a todos os que deixades algún comentario.Axúdanos a seguir adiante con este blogue para poder ensinarvos moitos dos nosos traballos.

30/1/13

PAZ

Hoxe celebramos o Día da Paz e o primeiro ciclo nos adicamos a buscar,debuxar e colorear moitas cousas.Comezamos debuxando siluetas de grandes personaxes: pensadores,políticos,filósofos,músicos...Moitos dos seus pensamentos fannos libres a todos.Unha pena que non lles fagamos moito caso.
Despois coloreamos un montón de debuxos e fixemos "A árbore da Paz".Xa pola tarde participamos con todos os nosos compañeiros e compañeiras do cole nun bonito baile e na solta de globos ao aire.

Cos mellores desexos de PAZ para todos,un bico.