26/2/14

O xoves 13 de marzo @s alumn@s do 1º ciclo imos ao CEIP de Cesuras a ver teatro en inglés, interpretado polo fantástico grupo de actores Cleverpants. A obra é Tall Tales, xa está colgado o cartel na entrada do colexio. Se pinchades na foto poderedes ver o tráiler, aquí anticípannos a historia, que trata dunha nena, Rosie, que adora ver a tele e non lle gusta ler, pero un día atopa un libro máxico ...


24/2/14

Máscaras de Entroido

Xa temos o noso mural de 1º ciclo coas máscaras do Entroido feitos polos nenos e nenas e as súas familias.Moitas gracias polo voso interese.Sen dúbida,o esmero foi moi bo. Preciosas!






18/2/14

CONTACONTOS

A editorial SM do ciclo de Educación Infantil convidounos a disfrutar do conto "A banda do meu pobo", interpretado por Doris. Queremos darlles as gracias a ela e máis á editorial por brindarnos esta oportunidade xa que a do noso ciclo (Edelvives) non oferta este tipo de actividades gratuitas. A experiencia foi fermosa,divertida e inolvidable.

Pinchando na imaxe seguinte podedes ver as fotos do evento e máis abaixo algún video do mesmo. Pedimos disculpas pola calidade dos mesmos pero os métodos de grabación son sinxelos.

Velaquí veredes os videos:






Bicos para tod@s!!!

6/2/14

DÍA DA PAZ

O 30 de xaneiro celebrouse o Día Da Paz e no CEIP de Curtis fixemos moitas actividades ao longo da semana para conmemorar unha data tan importante:murais, traballos de aula,lectura de contos...E para rematar un baile todos xuntiños.

Aquí tedes o mural do noso ciclo:


E aquí podedes ver o video da canción e baile do todo o alumnado e profesorado.Pasámolo pipa!!!!



E pinchando na seguinte imaxe poderedes ver algunhas fotos.