10/4/13

ALMORZOS SAUDABLES

Como cada curso,hoxe fixemos o almorzo saudable no comedor do centro...Mmmmm.Que rico estaba todo!

COÑECEMOS GALICIA

Xa está exposto na entrada do comedor o libro cos traballos dos nenos e nenas de Curtis sobre parroquias galegas...levado a cabo a través do Equipo de Dinamización Lingüística do centro. Por suposto,foron varios os nenos e nenas de 1º ciclo que participaron.Se os queredes ver todos...Xa sabedes onde está!!!

4/4/13

TRABALLO EN GRUPO

As nenas e nenos de 1º tamén traballamos moito sobre o "corpo humano" e "os alimentos"...traballar en grupo é moi divertido!!! E ver expostos os nosos traballos na aula...encántanos!!! Pinchade no Arcimboldo e veredes alguna foto...

2/4/13

Día Mundial de Concienciación sobre o autismo

O día 2 de abril celébrase o "Día Mundial da Concienciación sobre o autismo".
"Os trastornos do espectro autista (TEA) son un conxunto de alteracións que afectan ao desenvolvemento infantil. Aparecen durante os primeiros anos de vida e se caracterizan porque oos nenos, en maior ou menor medida, non son capaces de relacionarse, comunicarse, xogar ou comportarse coma os demáis nenos da súa idade. A maneira en que se manifiesta varía moito dun neno a outro, no relativo ao tipo de alteracións como da súa gravedade.
As alteracións dos TEA producense porque existe un trastorno neurolóxico (nervioso) de base. A causa exacta non se coñece, pero sí que existe un compoñente xenético sobre o que poden actuar factores ambientais que precipitan a súa aparición. De calquera xeito, ten que quedar claro que o que lles ocorre aos nenos que presentan un TEA non é responsabilidade dos pais, non houbo maneira de previlo e, por supuesto, nada ten que ver coa crianza infantil".
Podedes atopar máis información premendo na seguinte imaxe que da acceso á páxina de Autismo España.
 
Hoxe nós quixemos contribuir co noso gran de área a esta importante reivindicación...colgamos globos azuis en sinal de apoio total a esta iniciativa.
Ademáis,as nenas e nenos de 2º traballaron un conto sobre este tema que podedes ver no seguinte enlace:



O CORPO HUMANO

 
Antes das vacacións os nenos e nenas de 2º rematamos o proxecto sobre "O Corpo Humano".Neste enlace imos ensinarvos as cousas que fixemos...ABRIDE BEN OS OLLOS!!!