Hoxe tivemos o pracer de escoitar un conto moi entretido e no que podemos participar coa "máquina de cadros"...Se pinchades na imaxe podedes ver as nosas fotos.
27/5/14
15/5/14
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Ao longo de esta semana e con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, levaranse a cabo una serie de actividades no centro.
O luns os nenos e nenas de 1º realizaron una obra de teatro e os de 2º un baile. Pinchando na imaxe podedes ver algunhas fotos.
O mércores a mestra de Educación Física e a mestra de psicomotricidade de Educación Infantil organizaron unha sesión de xogos populares para todo o alumnado. Pinchade na imaxe para ver fotos da actividade.
O luns os nenos e nenas de 1º realizaron una obra de teatro e os de 2º un baile. Pinchando na imaxe podedes ver algunhas fotos.
30/4/14
CAMPIONATO DE BRILÉ
Durante o mes de abril celebrouse no centro un capionato de brilé. Participaron alumnos/as de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de primaria, organizados en 6 equipos de 10 xogadores cada un.
Hoxe día 30 de abril, xogouse a final. Aquí vos deixamos imaxes dese momento.
Tamén queremos informarlle que ao longo do mes de maio celebraremos un campionato de fútbol-sala no que participará o alumnado que o desexe dos cursos de 2º a 6º de primaria.
9/4/14
LIPDUB
Aquí está o vídeo realizado dende o Equipo de Dinamización e Normalización do centro...está xenial!Desexamos que vos guste!
30/3/14
26/2/14
O xoves 13 de marzo @s alumn@s do 1º ciclo imos ao CEIP de Cesuras a ver teatro en inglés, interpretado polo fantástico grupo de actores Cleverpants. A obra é Tall Tales, xa está colgado o cartel na entrada do colexio. Se pinchades na foto poderedes ver o tráiler, aquí anticípannos a historia, que trata dunha nena, Rosie, que adora ver a tele e non lle gusta ler, pero un día atopa un libro máxico ...
24/2/14
Máscaras de Entroido
Xa temos o noso mural de 1º ciclo coas máscaras do Entroido feitos polos nenos e nenas e as súas familias.Moitas gracias polo voso interese.Sen dúbida,o esmero foi moi bo. Preciosas!
18/2/14
CONTACONTOS
A editorial SM do ciclo de Educación Infantil convidounos a disfrutar do conto "A banda do meu pobo", interpretado por Doris. Queremos darlles as gracias a ela e máis á editorial por brindarnos esta oportunidade xa que a do noso ciclo (Edelvives) non oferta este tipo de actividades gratuitas. A experiencia foi fermosa,divertida e inolvidable.
Pinchando na imaxe seguinte podedes ver as fotos do evento e máis abaixo algún video do mesmo. Pedimos disculpas pola calidade dos mesmos pero os métodos de grabación son sinxelos.
Velaquí veredes os videos:
Bicos para tod@s!!!
Pinchando na imaxe seguinte podedes ver as fotos do evento e máis abaixo algún video do mesmo. Pedimos disculpas pola calidade dos mesmos pero os métodos de grabación son sinxelos.
Velaquí veredes os videos:
Bicos para tod@s!!!
6/2/14
DÍA DA PAZ
O 30 de xaneiro celebrouse o Día Da Paz e no CEIP de Curtis fixemos moitas actividades ao longo da semana para conmemorar unha data tan importante:murais, traballos de aula,lectura de contos...E para rematar un baile todos xuntiños.
Aquí tedes o mural do noso ciclo:
E aquí podedes ver o video da canción e baile do todo o alumnado e profesorado.Pasámolo pipa!!!!
Aquí tedes o mural do noso ciclo:
E aquí podedes ver o video da canción e baile do todo o alumnado e profesorado.Pasámolo pipa!!!!
E pinchando na seguinte imaxe poderedes ver algunhas fotos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)