25/4/12

CHINA

O martes 24 de abril os alumnos de 2º foron ás aulas de Educación Infantil a ver o proxecto que están desenvolvendo sobre a China.Están a realizar moitas actividades divertidas e as nenas e nenos de 4 anos llas amosaron. Unha desas actividades foi a degustación do té (o día anterior,unha nai dunha nena de infantil fixo unha demostración da súa preparación).

Moitas gracias polo té e as pastas.


PROXECTO OS ANIMAIS

Hoxe os nenos e nenas de 1º e 2º xuntáronse para levar a cabo un proxecto sobre "Os Animais" xunto coas súas titoras Chus e Carmen. Cantas cousas estamos aprendendo!

18/4/12

FACENDO GALLETAS

Fixemos un obradoiro coa receita dunha nai dun dos alumnos de 2º.Carmen foi a cociñeira/encargada e a nena e os nenos, os seus activos colaboradores. 


MÚSICO TRADICIONAL GALEGO

En decembro visitóunos un músico de Boimorto para ensinarnos os instrumentos tradicionais galegas e outros de elaboración propia e artesanal.Resultou unha sesión moi entretida e divertida. 

PAPÁ NOEL NA ESCOLA



Antes das vacacións de Nadal tivemos unha sorpresa no noso centro, veunos a ver Papá Noel e tróuxonos moitos caramelos para todos e todas.