22/5/12

LENDO UN CONTO...

Agora tocounos aos nenos e nenas de 1º ir ás aulas de Educación Infantil a contar un conto.Foi moi emocionante ver como nos escoitaban e como lles gustou.Un aplauso máis que merecido para nós.

ESCOITANDO CONTOS...

Os alumnos de 4º curso viñeron ás aulas de primeiro ciclo a contarnos contos que inventaron,adaptando antigos contos clásicos...Estivemos moi atentos/as.Queremos que repitan noutra ocasión.


POESÍA



As nenas e nenos de 1º estudaron,aprenderon e recitaron para os compañeiros de 2º unha fermosa poesía. Fixéronno realmente ben.